28 Novembro 2014, 17:30

http://istoenormal.org/images/498.jpg

Acción expandida, con Teresa Navarrete

Abrir un proceso interdisciplinar (son + corpo), con Teresa Navarrete é unha das accións expandidas ao redor da peza Salón Otto que a Compañía Teresa Navarrete presenta o sábado 29 de novembro no Teatro Rosalía Castro.

Trátase dun encontro onde poderemos ler as claves creativas que deron forma á colaboración entre a coreógrafa Teresa Navarrete, o actor físico Nando Pérez e o músico experimental Miguel Marín (Montgomery). Trátase dunha charla-coloquio arredor dos procesos creativos interdisciplinares e, en concreto, das relacións que se establecen entre a creación sonora é a creación escénica.

A Compañía Teresa Navarrete é un colectivo andaluz formado pola coreógrafa e bailarina Teresa Navarrete, polo músico e compositor Miguel Marín e polo actor físico Nando Pérez. Baixo unha mirada común á creación artística, á docencia e á exhibición escénica, levan traballando xuntos dende 2007 desenvolvendo diferentes formatos artísticos, desde espectáculos de danza a concertos, desde recitais a curtametraxes ou video-creacións, contaxiándose tamén das colaboracións artísticas que acompañan, de maneira puntual, os diferentes proxectos.

A entrada é libre até completar o aforo.