2 Novembro 2012, 11:01

http://istoenormal.org/images/289.jpg

Aínda se pode achegar materiais aos espazos LABORATORIO e SÚPER 8

O Festival Sinsal é Normal vén de ampliar as convocatorias de recepción de NEGATIVOS EN BRANCO E NEGRO e de FILMES en SÚPER 8.

O propósito desta actividade do Festival Sinsal é Normal é recuperar, difundir e poñer en valor un patrimonio que constitúe unha das máis claras representacións da expresión popular do século XX: a fotografía e o cinema feito por afeccionados.

Se tes algún negativo en BRANCO E NEGRO dos teus avós, teus pais ou algún familiar, ou coñeces alguén que os teña, non o dubides: anímate, ponte en contacto connosco e ven compartilos ao Festival Sinsal é Normal. O prazo de admisión de negativos remata o venres 16 de novembro.

Tes toda a información na CONVOCATORIA SINSAL É NORMAL LABORATORIO

Se o que queres é achegar algunha película rodada polos teus avós, teus pais ou algún familiar, ou coñeces alguén que as teña, tamén podes compartila connosco. O prazo de admisión de películas finaliza o martes 20 de novembro.

Podes consultar aquí todos os requisitos na CONVOCATORIA SINSAL É NORMAL SÚPER8.