20 Marzo 2012, 16:30

  • CUBO de NORMAL
http://istoenormal.org/images/164.jpg

Alumnado creativo nos arredores de 'Marcela e Elisa'

O 20 de marzo recibiremos ao alumnado e profesorado do CIFP Monte Alto e dos IES Ramón Menéndez Pidal e Elviña da Coruña para proxectar os traballos que realizaron nos obradoiros de video-creación que formaban parte do programa didáctico da exposición Marcela e Elisa.

Dentro do programa didáctico da exposición Marcela e Elisa, producida por NORMAL, desenvolvéronse diversos obradoiros de video-creación, dirixidos por Antía Otero e Toño Chouza, nos centros CIFP Monte Alto, IES Ramón Menéndez Pidal e IES Elviña da Coruña.

Durante os mesmos, nun traballo directo co alumnado, empregáronse disciplinas de creación contemporánea como a acción, a performance, a poesía e o vídeo, facendo que os participantes colaborasen en todas as fases do proceso creativo audiovisual: elaboración dun guión, codificación en imaxes, interpretación e gravación.

Como base primeira dende a que traballar tematicamente neste obradoiro, partiuse de conceptos e contidos presentes na propia exposición como o xénero, a igualdade e os roles sociais, xerando un feedback entre estes e os participantes.
Este obradoiro, que forma parte do plano didáctico coordinado e dirixido por CREARTE, remata coa edición do material gravado e a creación dunha peza de videoarte que será entregada a todos os centros participantes.

O resultado deste traballo foron tres pezas audiovisuais que agora proxectamos para os seus autores/actores e que tamén compartimos na rede. Velaquí están:

Vídeo do alumnado de 3º da ESO do CIFP Monte Alto.

Vídeo do alumnado de 3º da ESO do IES Ramón Menéndez Pidal.

Vídeo do alumnado de 3º da ESO do IES de Elviña.