1 Decembro 2012, 11:24

http://istoenormal.org/images/298.jpg

Amplíase o prazo de preinscrición no obradoiro de stencil

O obradoiro verá ampliado o seu prazo de preinscrición até o día 5 de decembro.

Con esta ampliación, o prazo de preinscrición no obradoiro de esterxido comprende desde o día 15 de novembro até o 5 de decembro ás 14 horas. A reserva de praza pode facerse en liña nesta ligazón.

O prazo de matrícula e pagamento comprenderá desde o día 6 de decembro até o 12 do mesmo mes ás 14 horas. Pode facerse na mesma plataforma en liña, seguindo estas instrucións:
• autentique a súa identidade
• prema na lapela de “actividades”
• elixa o obradoiro no que fixo a preinscrición
• prema en “ver máis”
• siga a ligazón “reserva”
• seleccione o xeito de pagamento e confirme

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org
Área de Cultura. Casa do Lagar, Campus de Elviña, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensións 1954 e 1962 Mail: cultura.coruna@udc.es