21 Agosto 2014, 17:38

http://istoenormal.org/images/449.jpg
Ainhoa Alfaro

Andrea Quintana e Carolina Fernández, en residencia

Ao longo do mes de agosto ambas artistas estarán a desenvolver os seus novos proxectos en NORMAL.

Andrea Quintana está a traballar en ángel cojo sin pierna, que nace como un exercicio coreográfico onde seguir experimentando, evolucionando e creando. Pola súa banda, Carolina Fernández está a preparar dous novos proxectos: Mi manera de hacer el indio e Descubrindo a Chaplin.

Andrea Quintana é bailarina, performer e profesora, formada en danza clásica na Coruña, na escola Carmen Senra en Madrid, ademais de en Bruxelas, na Reffinerie e no Danscentrum Jette. Achegándose á ilustración e á escultura, abre unha porta á posibilidade de crear e relacionarse coa danza, formándose en L’Academie des Beaux Arts de Saint Joosse Noode e, actualmente, na Escola de arte de San Telmo, en Málaga. Ten traballado con creadores eclécticos coma Cía. Daniel Abreu, Cía. Arrieritos, Cía. Ertza, Cía. Pisando Ovos, Cía. Cielo Raso, PabloEsbert, Sara Vilardo e Solène Coignard. Hoxe xestiona a iniciativa de La Buena Aventura, en Málaga, e está involucrada nun Laboratorio de investigación con Lipi Hernández, Cía. Las Malqueridas.

Carolina Fernández é creadora escénica multidisciplinar, actriz, performer. O seu traballo é unha exposición en vivo onde videocreacións, poesía, teatro, movemento e performance combinánse en busca dunha linguaxe propia.