2 Outubro 2014, 12:56

http://istoenormal.org/images/313.jpg

Aplíase o prazo de matrícula nos obradoiros creativos

Os cursos verán ampliado o prazo de inscrición en liña até o 12 de outubro.

Malia o cambio, só dous obradoiros comezarán máis tarde: O ollo da Arte, que traslada o seu inicio ao luns 13 de outubro, e Palabra Lab: un planetario de textos vivos, que arrancará o xoves 16 de outubro. No caso deste último, o prazo de matrícula estará aberto até o propio día de comezo. O resto de obradoiros manteñen as datas iniciais previstas.