6 Marzo 2012, 18:30

http://istoenormal.org/images/139.jpg
Gerda Taro (anónima)

Aprender a fotografar

Curso de perfeccionamento da técnica fotográfica no que se aprenderá a manexar diversas cámaras fotográficas, desde unha estenopeica ata unha SLR (réflex) dixital.

Estudo dos diferentes “temas fotográficos”: paisaxes, retrato, macrofotografía… Introdución ao retoque fotográfico.

datas Entre o 6 de marzo e o 5 xuño
día Todos os martes das 18:30 ás 21:00 horas
lugar Aula de obradoiros de NORMAL
prezo 35 € membros da comunidade universitaria (25€ en segunda matrícula), 55 € público xeral (45 € en segunda matrícula)
créditos de libre elección 2

Pablo Mella é fotógrafo e conta con participación en varias exposicións, entre as que salienta a Bienal de Roma.

Información e matrícula:

O prazo de matrícula comprende desde o día 25 de xaneiro até o día 29 de
febreiro.

Nos obradoiros non haberá preinscripción. O solicitante dun obradoiro deberá
recoller a folla de pagamento nas oficinas da Área de Cultura ou en NORMAL, a cal se entregará por rigorosa orde de chegada a fin de formalizar a matrícula. Unha
vez dispoña da folla de pagamento, o solicitante dispón até o día seguinte para
formalizalo e entregar o xustificante de ter pagado o obradoiro. A Área de Cultura dará de baixa e considerará non inscritas ás persoas que non atendan este requisito.

Lugares de matrícula:

Oficina da Área de Cultura da Coruña. Casa do Lagar. Campus de Elviña.

Espazo de Intervención Cultural NORMAL. Paseo de Ronda 47, Campus de Riazor

Podedes aclarar calquera dúbida nas extensións: 1954, 1962 e 4502.