17 Outubro 2012, 18:30

http://istoenormal.org/images/255.jpg

Aprender a fotografar: perfeccionamento en Fotografía

Curso de perfeccionamento da técnica fotográfica no que se aprenderá a manexar diversas cámaras fotográficas, desde unha estenopeica até unha SLR (réflex) dixital.

Obxectivos:

- Aprender o manexo das cámaras fotográficas, desde unha estenopeica ata unha SLR (réflex) dixital.

- Poñer en práctica os coñecementos adquiridos no curso de iniciación.

- Estudo dos diferentes “temas” fotográficos”: paisaxes, retrato, macrofotografía…

- Introdución ao retoque fotográfico.

Contidos:

- Fotografía de paisaxes

- Fotografía documental/Fotoreportaxe

- Fotografía de retrato

- Fotografía nocturna

- Fotografía de interiores/Fotografía con flash

- Introdución a programas informáticos de retoque fotográfico.

- A través do software, e con fotos sacadas polos propios alumnos, faranse varios traballos de “retoque” dixital:

o O paso de raw a tiff
o Os axustes en tiff
o O paso de tiff a jpeg

- Finalmente, os alumnos poderán controlar as súas cámaras, axustando ao máximo as posibilidades de cada un, para logo fotografar:

o O QUE (que podemos fotografar)
o O CANDO (cal é o momento idóneo)
o O CANTO (a cantidade de fotos que debemos tomar dun motivo)
o O ONDE (cal é o lugar, o espazo axeitado para tomar a fotografía)
o O COMO (de que xeito, con que encadre, con que diafragma, con que ISO..)
o O POR QUE (cales son os motivos que fan que unha imaxe nos atraia)

O desenvolvemento do curso parte dos coñecementos do profesor de fotografía, apoiados na proxección de diapositivas, fotografías, pinturas, vídeos e lecturas de textos que incentiven o interese pola fotografía. Ademais, as saídas ao exterior tentarán reflexar o exposto nas clases, de xeito que o alumnado poña práctica os contidos do curso.

O curso é impartido por Pablo Mella, fotógrafo que conta con participación en varias exposicións, entre as que sobresae a Bienal de Roma.

Datas: todos os mércores entre o 17 de outubro e o 16 de xaneiro.
Horario: de 18:30 a 21:00 horas (30 horas en total).
Lugar: aula de obradoiros de NORMAL.
Prezos: 35€ comunidade universitaria da UDC (25€ en segunda matrícula) / 55€ público xeral (45€ en segunda matrícula)
Créditos de libre elección: 2 (solicitados)

Preinscrición e matrícula:

Debido ás obras de mellora e acondicionamento das aulas onde se desenvolverán os obradoiros, que están a demorar a inscrición nas actividades de NORMAL, ábrese un prazo de preinscrición até o momento en que se abra oficialmente o prazo de matrícula. Para isto, abondará con comunicar ao correo cultura.coruna@udc.es, baixo o asunto “Preinscrición”, os seus datos persoais (nome completo, DNI e teléfono), con indicación do obradoiro ou curso en que quere participar. Recibirá un aviso de confirmación no momento en que se abra o prazo de matrícula. Grazas pola colaboración e desculpe as molestias ocasionadas.

Pode preinscribirse directamente en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org
Área de Cultura. Casa do Lagar, Campus de Elviña, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensións 1954 e 1962 Mail: cultura.coruna@udc.es
Área de Deportes. Pavillón de Deportes, Campus de Elviña, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 1904