7 Marzo 2012, 18:30

http://istoenormal.org/images/138.jpg
Robert Capa por Gerda Taro

Aprender a mirar

Curso de iniciación á fotografía que pretende achegar os alumnos ao feito fotográfico, vendo a súa relación coas outras artes (cine, pintura, literatura).

Outro dos obxectivos é analizar o feito fotográfico como instante que conxela o presente, transcendendo no futuro como memoria do pasado. Así mesmo perséguese o coñecemento e manexo de diferentes tipos de cámaras fotográficas, e dun xeito máis específico, coñecer o manexo e as técnicas básicas da cámara réflex.

datas Entre o 7 de marzo e o 30 de maio
día Todos os mércores das 18:30 ás 21:00 horas
lugar Aula de obradoiros de NORMAL
prezo 35 € membros da comunidade universitaria (25 € en segunda matrícula), 55 € público xeral (45 € en segunda matrícula)
créditos de libre elección 2

Pablo Mella é fotógrafo e conta con participación en varias exposicións, entre as que salienta a Bienal de Roma.

Información e matrícula:

O prazo de matrícula comprende desde o día 25 de xaneiro até o día 29 de
febreiro.

Nos obradoiros non haberá preinscripción. O solicitante dun obradoiro deberá
recoller a folla de pagamento nas oficinas da Área de Cultura ou en NORMAL, a cal se entregará por rigorosa orde de chegada a fin de formalizar a matrícula. Unha
vez dispoña da folla de pagamento, o solicitante dispón até o día seguinte para
formalizalo e entregar o xustificante de ter pagado o obradoiro. A Área de Cultura dará de baixa e considerará non inscritas ás persoas que non atendan este requisito.

Lugares de matrícula:

Oficina da Área de Cultura da Coruña. Casa do Lagar. Campus de Elviña.

Espazo de Intervención Cultural NORMAL. Paseo de Ronda 47, Campus de Riazor

Podedes aclarar calquera dúbida nas extensións: 1954, 1962 e 4502.