26 Febreiro 2015, 18:00

http://istoenormal.org/images/524.jpg

As marxes da imaxe

Obradoiro de creación audiovisual no que se analizará a historia do cinema experimental en España ao mesmo tempo que se traballará en pezas audiovisuais propias.

Establecerase un mapa das coordenadas, as direccións e os vehículos que utiliza o cinema experimental español na actualidade. Botarase a vista atrás, a unha serie de autores fundamentais (Iván Zulueta, Pere Portabella, José Luis Guerin…), para razoar sobre o presente audiovisual e os seus nomes máis relevantes (Colectivo Los Hijos, Lois Patiño, Carlos Vermut, Juan Cavestany, Virginia García del Pino, Andrés Duque…)

Os alumnos farán exercicios prácticos nos que descubrirán as claves deste cinema a través do seu propio traballo coa imaxe. Nese sentido, o alumnado deberá ter algún dispositivo para gravar pezas audiovisuais (cámara dixital, móbiles, etc) e un programa de edición para editar as súas propias pezas (Windows Movie Maker, Final Cut, Adobe Premiere, etc).

Non é necesaria experiencia previa. É un obradoiro dirixido a todos os interesados no cinema, as artes e a imaxe en xeral, estudantes de audiovisuais, belas artes, xornalismo, historia da arte e todas as persoas con inquietudes que pretendan coñecer a historia e o significado do cinema e a súa conexión con outras artes.

Imparte o curso Javier G. Trigales.

Datas: todos os xoves entre o 26 de febreiro e o 11 de xuño de 2015.
Horario: de 19:00 a 21:00 horas (30 horas en total).
Lugar: aula 2.3.
Prezos: 35€ comunidade universitaria da UDC (25€ en segunda matrícula), persoas desempregadas e xubiladas / 55€ público xeral (45€ en segunda matrícula)
Créditos solicitados: 2 créditos libre elección (plans antigos), 1 crédito recoñecemento (plans novos)
Participantes: máximo 15 persoas.

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende desde o 2 até o 16 de febreiro de 2015. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña.

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org