10 Xaneiro 2014, 19:00

http://istoenormal.org/images/387.jpg

ATDA/ 3ª MEDIDA: o centro comercial

O colectivo Ergosfera sae á procura das Instrucións de uso para 20.000 m2 de espazo libre asociado a un centro comercial., nunha nova acción para AS TÁCTICAS DO ADVERSARIO.

MEDIDA: INSTRUCIÓNS DE USO PARA 20.000 M2 DE ESPAZO LIBRE ASOCIADO A UN CENTRO COMERCIAL
10 XANEIRO / 20:00H / sala de exposicións de NORMAL

Territorios en conflito: O CENTRO COMERCIAL + O ARTISTA (as limitacións dos novos espazos de uso público).

Caso de estudo: espazo libre dun novo centro comercial.

Pseudocientíficos: colaboradores expertos (actores “cidadáns”) + Ergosfera.

Metodoloxía: facer reaccionar ao medido (o mito do traballo de laboratorio).

Medición: grao de control nos espazos privados de acceso público asociados ao consumo masivo.

Breve descrición: actividade de medición do grao de control nos espazos privados de acceso público asociados ao consumo masivo, mediante a realización de actividades convencionais nun centro comercial e a análise do tipo e tempo de resposta que reciben por parte dos axentes e sistemas de vixilancia propios destes novos centros urbáns… Cales son os límites do inesperado nos novos espazos do lecer e o consumo?