24 Xaneiro 2014, 19:00

http://istoenormal.org/images/386.jpg

ATDA/ 4ª MEDIDA: o banco

Con Valores do micro a través de 7 enclaves na marea urbanizadora, Ergosfera achégase ao banco.

MEDIDA: VALORES DO MICRO A TRAVÉS DE 7 ENCLAVES NA MAREA URBANIZADORA
24 XANEIRO / 20:00H / sala de exposicións de NORMAL

Territorio en conflito: O BANCO (os valores do micro fronte ás lóxicas financieiras do macro).

Caso de estudo: pequeas edificacións na Avenida de Arteixo.

Pseudocientíficos: colaboradores expertos + Ergosfera.

*Metodoloxía: * expor ao público ao medido para testar a súa relevancia (o mito da campaña informativa).

Medición: reaccións sociais, políticas e mediáticas ante o descobremento do perigo de extinción do pequeno.

Breve descrición: intervención para chamar a atención sobre o interese do micro dentro dos procesos de transformación urbana baseados unicamente no macro. Actividade na que se documentarán unha serie de edificacións que, aínda que desde a súa condición micro están a aportar importantes valores á cidade (como a coexistencia de formas históricas anacrónicas – a pervivencia da memoria – ou a conseguinte diversidade formal e funcional que posibilitan), atópanse nun claro proceso de desaparición por non responder ás novas necesidades de escala impostas polas lóxicas financieiras e administrativas en todo o que se refire aos sistemas de planificación da cidade. A partir da información catastral non accesible de forma gratuíta, elaborarase unha campaña informativa sobre a realidade destes elementos urbanos e sobre diferentes posibilidades non financiarizadas para intensificar o seu uso desde algúns dos extremos do panorama sociopolítico local… Qué tipo de intervencións poderían lexitimar estas pezas como enclaves dentro dun gran eixe de urbanidade en rápida transformación?