28 Xaneiro 2014, 05:00

http://istoenormal.org/images/385.jpg

ATDA/ 5ª MEDIDA: o centro + o arrabalde

Acción do colectivo Ergosfera na glorieta Eduardo Diz López da Grela, ou 24 horas nunha centralidade emerxente, coa que remata a xeira de cinco intervencións na cidade.

MEDIDA: 24 HORAS NUNHA CENTRALIDADE EMERXENTE
28 XANEIRO / 06:00-06:00H / de campamento

Territorios en conflito: O CENTRO + O ARRABALDE (o aproveitamento público do policentrismo).

Caso de estudo: glorieta Eduardo Diz López (A Grela).

Pseudocientíficos: colaboradores expertos + Ergosfera.

Metodoloxía: vivir directamente no medido (o mito da base científica nun Polo).

Medición: características básicas e oportunidades dunha nova centralidade urbana en formación.

Breve descrición: campamento científico de 24 horas (06:00-06:00) na glorieta Eduardo Diz López (A Grela), no que se realizarán diferentes traballos de investigación a través da estancia e interacción cos espazos, arquitecturas e axentes que forono conformando a rotonda até hoxe, de forma que poidamos describir as características básicas e as oportunidades dunha nova centralidade urbana en formación… Pódense pensar este tipo de condicións urbanas antes da súa total consolidación? Cales son as oportunidades para o público nunha centralidade emerxente?