27 Maio 2015, 17:00

http://istoenormal.org/images/545.jpg

ATM/ C4MARA BR4NCA, obradoiro con ALG-A

Membros de ALG-A impartirán este obradoiro gratuíto en paralelo a ATMOSFERAS. O resultado pasará a formar parte da exposición, a modo de work in progress.

O obradoiro C4MARA BR4NCA e a videoinstalación resultante son unha mostra da simbiose da filosofía e práctica do sóftware e hárdware libres coas ciencias herméticas e a tradición da maxia e a alquimia occidentais. Unha maneira de reinterpretar motivos herméticos e darlles unha continuidade, non de todo confesable, na era dixital.

C4MARA BR4NCA acontecerá como obradoiro en paralelo á exposición Atmosferas. Para o cambio educativo, a xeito de cabina de experimentación, como un ambiente de aprendizaxe e percepción aumentada a través de cámaras e proxeccións, e mediante programación creativa. A videoinstalación será una mostra deste contexto que, á súa vez, irá recollendo os vídeos xerados no obradoiro, a modo de work in progress. Unha experiencia que une proceso e resultado, do mesmo xeito que nas antigas cámaras fotográficas: o tempo que tarda en tinguirse un fotograma é o que xera finalmente un resultado.

A cámara escura é un dos dispositivos ancestrais que conduciron ao desenvolvemento da fotografía. Consiste nunha caixa pechada e nun pequeno burato polo que entra una mínima cantidade de luz que proxecta na parede oposta a imaxe do exterior. Alg-a propón a reinvención deste dispositivo no espazo dixital, invertendo o efecto: a c4mara br4nca vai de dentro cara a fóra, redimensionando e alterando a percepción do que sucede no interior, mentres que a cámara escura reproduce no seu interior o exterior.

O alumnado poderá traer un vídeo dalgún lugar, paisaxe, espazo ou lembranza suxestivo (en formato 1080i) e unha foto escaneada antiga, en branco e negro, dun recordo afectivo.

Álbum de imaxes de C4MARA BR4NCA.

Datas: do mércores 27 ao venres 29 de maio de 2015
Horario: de 19:00 a 21:00 horas
Lugar: sala de exposicións de NORMAL
Prezos: de balde
Participantes: máximo 12 persoas, por orde de inscrición

Matrícula:
O prazo de inscrición comprende desde o 13 até o 27 de maio de 2015. Pode facerse directamente enviando un correo electrónico a info@istoenormal.org.

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org