2 Outubro 2015, 17:00

  • CUBO
http://istoenormal.org/images/462.jpg

ATM/ Fracasa Mellor

Neste proxecto ideado por Enrique Lista e Ignacio García, participarán Rosendo Cid (artista), Ania González (crítica), Amaya González Reyes (artista) e Javier Tudela (docente e artista), que compartirán co público de NORMAL o reverso oculto das súas traxectorias.

Se ATMOSFERAS propón unha reflexión sobre propostas instalativas, insertas na arte contemporánea ou procedentes de inesperados espazos adxacentes, coa intención de descubrir nelas recursos de pensamento e acción para un cambio educativo, FRACASA MELLOR realiza tamén un exercicio reflexivo sobre aqueles aspectos menos brillantes da produción artística, como unha posta en común de recursos para seguir a facer, a pensar e sentir.

FRACASA MELLOR dálle a volta a un modelo bastante estandarizado de evento para a presentación pública de proxectos, onde os relatores fan intervencións de tempo pautado, perante un auditorio fronte ao que se sitúan segundo convencións escénicas clásicas. Mentres estes encontros procuran presentacións e participantes sedutores que asombren a audiencia coa novidade ou o carácter extraordinario das súas actividades, FRACASA MELLOR pretende que os convidados relaten a parte menos brillante das súas aparentemente exitosas carreiras, que narren os seus pequenos ou grandes fracasos, que revelen o ficticio do relato que se asocia á súa actividade ou que fagan preguntas sobre os modelos de éxito asumidos.

Hora: 19:00 h.
Lugar: CUBO de NORMAL

Entrada de balde até completar o aforo da sala.

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org