13 Outubro 2016, 19:15

http://istoenormal.org/images/336.jpg
Mario Horro

Aula de Teatro NORMAL UDC

Ensaios e funcións dun espectáculo de teatro que representará á UDC en diferentes festivais de teatro universitario.

Esta é unha actividade dirixida preferentemente a membros da comunidade universitaria da Universidade da Coruña (estudantes, PAS e PDI) que superen o proceso de selección previo. Admitiranse só un 25% de participantes alleos á comunidade universitaria. Para asistir á audición hai que enviar un correo a aula.teatro@udc.es antes do 4 de outubro de 2016.

O obxectivo do curso é acadar as habilidades necesarias para participar nunha produción teatral en calquera das súas múltiples facetas: dirección, interpretación, deseño e realización de música, escenografía e atrezzo, etc.

Imparte o curso Rubén Ruibal, coordinador da Aula de Teatro e Danza da UDC, director e autor teatral.

Datas: a partir do 13 de outubro. Até maio de 2017.
Horario: martes e xoves de 19:15 a 21:30 horas.
Lugar: aula 2.1 de NORMAL
Prezos: 60 € estudantes / 80 € PAS e PDI / 100 € público xeral / 65€ persoas desempregadas ou con minusvalía

Preinscrición:
O prazo de preinscrición comprende desde o 19 de setembro até o 4 de outubro de 2016. Pode inscribirse directamente enviando unha mensaxe a aula.teatro@udc.es. A matrícula formalizarase unha vez realizada a audición previa.

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 881 014 502 Mail: info@istoenormal.org