28 Mar, 20:00
- CUBO de NORMAL
- Entrada libre e de balde
Baraka, o último paraíso
arte sonora cinema proxecciónComo complemento audiovisual a NÓSOMOSÒN, proxectamos varios traballos documentais onde a experiencia sonora é fundamental para o espectador. Comezamos con BARAKA, o último paraíso, o celebrado clásico documental de Ron Fricke.
Como recolle o seu eslogan promocional, BARAKA achéganos a un mundo alén das palabras, un mundo que é o noso, cheo de terribles contradicións e miserias, mais tamén de beleza.
Trátase dun documental que foi filmado en 24 países e narra, en termos eminentemente visuais, aurais e musicais, a evolución da Terra e da Humanidade, ao mesmo tempo que sinala as formas en que o ser humano se relacionou co seu medio ambiente. A aparente fraxilidade da vida humana contrasta coa grandeza das súas obras, ao mesmo tempo que se subliña a desigual relación entre home e natureza. No medio destes contrastes, a espiritualidade da humanidade xorde como o elemento máis importante que a distingue doutras especies.
TÍTULO ORIXINAL: Baraka
ANO: 1992
DURACIÓN: 100 min.
PAÍS: Estados Unidos
DIRECTOR: Ron Fricke
GUIÓN: Ron Fricke, Genevieve Nicholas, Mark Magidsen, Bob Green
MÚSICA: Varios
FOTOGRAFÍA: Ron Fricke
PRODUCTORA: Magidson Films
Próximas proxeccións: – 11 de abril, ás 20 horas, _RIP! A Remix Manifesto, dirixida por Brett Gaylor.
