25 Xuño 2012, 18:30

  • Entrada libre e de balde
http://istoenormal.org/images/236.jpg

Charla sobre deseño gráfico en 'Poñer cousas en orde'

Segunda sesión do programa de encontros de Poñer cousas en orde, cunha charla sobre deseño gráfico con Tilman Solé (estudio Mucho, BCN), Rocío Martinavarro (BCN) e Entresuelo 1º (BCN).

Charla sobre deseño gráfico con algúns dos deseñadores máis premiados a nivel nacional. Tilman Solé (estudio Mucho, BCN), Rocío Martinavarro (BCN) e Entresuelo 1º (BCN) comentarán as súas experiencias profesionais na Cidade Condal.

Este encontro conta coa colaboración da Asociación Galega de Deseñadores – DAG.

O mesmo día a peza Hey Color, de Hey Studio, tamén de Barcelona, será incorporada á exposición, en presenza da súa creadora, Verónica Fuerte.