6 Xullo 2019, 16:30

http://istoenormal.org/images/735.jpg

CI: Espertando a necesidade do contacto

Outro encontro dentro do ciclo de obradoiros prácticos e jam sessions de contacto improvisación (CI).

Comunicamos que está aberto o prazo de preinscrición para este obradoiro, que será de balde, que non precisa experiencia previa e para o que haberá que inscribirse no enderezo electrónico: cultura.coruna@udc.gal enviando nome completo e DNI das persoas interesadas.

Profesor: Leodán Rodríguez Casas, bailarín, coreógrafo e pedagogo de danza. Licenciado pola Universidad de las Artes de Cuba en artes danzarias. Dende hai máis dunha década investiga e imparte, por todo o mundo, obradoiros de técnica de contacto improvisado. Nestes intres reside en Santiago de Compostela, co-dirixindo o centro de danza Can Cun Quinqué e o festival Herdanza.

Obxectivo: Estudo dos eixos imaxinarios interno-externo, indo dende o lineal ao redondo. Control do centro para chegar ao espazo esférico. Aplicación destas indagacións ao traballo en conxunto con outros corpos na técnica do contacto improvisado.

Contidos: – Importancia do corpo e o peso no traballo do contacto – Traballo de manipulación e escoita – A exploración na improvisación e o continuo comunicado a dar e recibir

Pre-inscrición: Escribir ao e-mail cultura.coruna@udc.es co nome completo e nº DNI/pasaporte (prazas limitadas)

Datas: sábado 6 de xullo de 2019.
Horario: de 16.30 a 20 horas (peche de portas ás 16.45h)
Lugar: Aula de danza en Normal, A Coruña
Localización: https://goo.gl/maps/js8jxFcX7e52

Prezo: De balde
Requisitos: Ningún, non é necesario ter experienza previa
Apoia: Universidade da Coruña, Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria
Organiza: https://www.facebook.com/groups/Contact.Coruna
Co-organiza: NORMAL