19 Abril 2016, 18:00

http://istoenormal.org/images/565.jpg

Clausura de 'Arte en Acción'

O alumnado do primeiro obradoiro de Arte en Acción, celebrado entre marzo e abril, fará unha presentación pública de accións artísticas que servirá como peche da actividade.

Nesta sesión invitase a todo o mundo a asistir e participar dunha experiencia na que se sucederán diversas accións.

Unha vez presentadas as pezas performativas, os resultados quedarán expostos en diferentes formatos como parte dunha mostra que permanecerá na sala de exposicións de NORMAL ata o día 28.

Participan Paz Teresa Abuín, José Luis Conde, Coterillo, Dolores Edreira, Carmen Freire Bargados, Chus Abeledo, Margarita Lorenzo, Rosa Noguerol, Fausto Rodríguez e Maite Uyarra. Imparte o curso Rita Rodríguez.