15 Novembro 2012, 20:30

http://istoenormal.org/images/279.jpg

CLUB SINSAL: MÚSICA INTERNACIONAL con The Ex

Presentación en Galicia do grupo holandés The Ex, unha das grandes bandas do rock europeo dos últimos 30 anos.

Formada nos Países Baixos en 1979, a banda The Ex está integrada hoxe por Katherina Bornefeld, Andy Moor, Terrie Hessels e o vocalista Arnold de Boer, quen substitúe dende hai dous anos o fundador G. W. Sok. Punk experimental en permanente discusión. Improvisación libertaria e politicamente consciente. Un ollo sempre contra o rock e outro con África. Máis de trinta anos de traballo e unhas corenta gravacións recoñecidas. O seu último disco en solitario é Catch My Shoe (2010).

Entrada: 10 Euros

Venda antecipada en Discos Portobello (A Coruña) e FNAC (Praza de Lugo). Tamén na taquilla de NORMAL unha hora antes do evento.

Entrada gratuíta para os socios do Festival Sinsal X.