9 Xuño 2012, 19:39

http://istoenormal.org/images/230.jpg

Comeza o ciclo de cinema 'VIAXES, VIDAS'

Arrancan as proxeccións do ciclo de cinema que pecha o curso en NORMAL.

As peregrinacións medievais a Compostela, o Grand Tour da mocidade europea do XVIII, as road movies americanas, as montañas de Katmandú ou as herbas de Chefchaouen, o destino vital da Meca… A metáfora da viaxe como vida. Ou a viaxe cando non é simple turismo, inercia, un deixarse levar. Estas películas falan da viaxe como experiencia transformadora, non sempre en espazos exóticos, pois a viaxe é ante todo percorrido interior. Unha historia verdadeira, de Lynch, puidera ser a máis radical nesa negación do fácil exotismo. In this World, de Winterbottom, a inversión do exotismo desde as olladas de dous rapaces afgáns que procuran o soño europeo. Viaxes, Vidas, o ciclo de cinema que cerra o curso en NORMAL.

PROXECCIÓNS

12 XUÑO
Alicia nas cidades, 1974
Wim Wenders

19 XUÑO
Viaxe en Italia, 1954
Roberto Rosellini

26 XUÑO
In this world, 2002
Michael Winterbottom

3 XULLO
Deus e o diaño na terra do sol, 1964
Glauber Rocha

17 XULLO
Unha historia verdadeira, 1999
David Lynch

24 XULLO
O ollar de Ulises, 1995*
Theo Angelopoulos

31 XULLO
Estraños no paraíso, 1984
Jim Jarmusch

20.00H NO CUBO DE NORMAL
ENTRADA GRATUÍTA
*19.00H