2 Marzo 2019, 16:45

http://istoenormal.org/images/698.jpg

Introdución ao Contact improvisation. Como entrar en contacto cunha jam

Aberto o prazo de pre-inscrición para este obradoiro, que será de balde, que non precisa experiencia previa e para o que haberá que inscribirse no enderezo electrónico: cultura.coruna@udc.gal enviando nome completo e DNI das persoas interesadas.

A actividade celebrarase o sábado 2 de marzo, de 17 a 20 horas na Aula de Danza de Normal, con peche de portas ás 16.45 horas.

Profesora: Clara Ferrao, máster en Danza e Artes do Movemento. Bailarina en Maximiliano San-ford Cía. Docente na Asociación de Danza de Gondomar e impulsora do festival Gondomar en Contacto.

Obxectivo: Espertar o corpo agudizando o sentido do tacto. Manter atención ao momento presente. Coidarse e coidar, aceptar e tomar decisións.

Contidos: – Recoñecemento das posibilidades de movemento de cada corpo. – Toma de conciencia dos puntos de contacto e do propio peso, gravidade. – Investigación das distintas formas de contacto. – Afondar na escoita do diálogo físico e do grupo para o desenvolvemento da jam de Contact Improvisation. – Utilización de recursos de composición para a creación no momento presente.

Pre-inscrición: Escribindo ao enderezo electrónico: cultura.coruna@udc.gal (prazas limitadas)
Prezo: De balde
Requisitos: Ningún, non é preciso ter experiencia previa.
Apoia: Universidade da Coruña, Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria
Organiza: https://www.facebook.com/groups/Contact.Coruna
Co-organiza: NORMAL