4 Outubro 2016, 16:30

http://istoenormal.org/images/327.jpg

Comprender a imaxe

Curso de iniciación á fotografía que pretende achegar o alumnado ao feito fotográfico, vendo a súa relación coas outras artes (cine, pintura, literatura).

Achegamento ao fenómeno artístico da fotografía desde os seus comezos até o día de hoxe (desde a pintura dos Países Baixos á fotografía dixital). Coñecemento da cámara réflex: as súas partes (corpo e obxectivos), a técnica fotográfica (enfoque, encadre, luz) e a técnica de revelado.

- Os parámetros a ter en conta á hora de tomar unha fotografía:
o O diafragma
o A velocidade de obturación
o A sensibilidade do sensor. O ISO
o O balance de brancos
o A compensación da exposición. O EV

- Búsqueda do feito fotográfico a partir doutros campos artísticos e a súa interconexión (pintura, cinema, vídeo).

- A fotografía como resultado do mundo íntimo e interior do fotógrafo.

- A fotografía en branco e negro vs a fotografía a cor.

- Saídas onde se porán en práctica os coñecementos adquiridos polos alumnos.

O desenvolvemento do curso parte dos coñecementos do profesor de fotografía, apoiados na proxección de diapositivas, fotografías, pinturas, vídeos e lecturas de textos que incentiven o interese pola fotografía. Ademais, as saídas ao exterior tentarán reflexar o exposto nas clases, de xeito que o alumnado poña en práctica os contidos do curso.

O obradoiro é impartido por Pablo Mella, fotógrafo e arquitecto. É membro de NO IMPORTA taller creativo e da Asociación Galega de Artistas Plásticos de Galicia (ARGA). Imparte cursos sobre fotografía en diferentes empresas e institucións e ten participado como membro do xurado de varios concursos fotográficos. Colabora con diversas publicacións e entidades culturais de ámbito nacional e participou na V Bienale Internazionale d’Arte Contemporanea di Roma, así como en diferentes exposicións colectivas e individuais.

Datas: todos os martes entre o 4 de outubro de 2016 e o 24 de xaneiro de 2017.
Horario: de 16:30 a 19:00 horas.
Lugar: Aula 2.7 de NORMAL.
Prezos: 40€ estudantes / 60€ PAS e PDI / 80€ público xeral / 45€ persoas desempregadas ou con minusvalía
Participantes: máximo 20 persoas.

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende do 19 ao 30 de setembro de 2016. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña.
As incidencias da matrícula en liña nos obradoiros, serán atendidas no correo info@istoenormal.org ou no teléfono 881 014 502 en quenda de mañá.

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 881 014 502 Mail: info@istoenormal.org