27 Abril 2012, 20:30

  • Entrada libre e de balde
http://istoenormal.org/images/185.jpg

Concerto clausura: Patxi Valera + mdmme + Berio Molina

Remata a exposición comisariada por Alg-a sobre tecnoloxía e cultura aural cun concerto único: Alg-a + Parto + Escoitar.org.

Alg-a + Parto + Escoitar.org, 3 comunidades de artistas galegos referentes internacionais no contexto do audio experimental e na investigación sonora, xúntanse por primeira vez na Galiza.

Nesta ocasión, Patxi Valera de Parto, mdmme de Alg-a e Berio Molina de Escoitar.org
propoñen un concerto onde mesturarán gravacións de sons da cidade da Coruña, percusión feita con auga e ruídos realizados con aparellos electrónicos, creando sorprendentes texturas sonoras de gran beleza e complexidade.