21 Xuño 2012, 20:00

  • Entrada libre e de balde
http://istoenormal.org/images/235.jpg

Concerto de Combo Dinamo

Continúa a música de Poñer cousas en orde coa banda coruñesa Combo Dinamo.

Combo Dinamo celebrarán o Día internacional da música actuando en Normal e presentando nun formato diferente ao habitual os temas dos seus Lps Decencia y buen gusto (2008) e Quieto, muere, resucita!!! (2011).

A banda formouse en 2007 con músicos xa experimentados e unha idea clara de compoñer cancións cun formato clásico de pop ou o rock no concepto, pero incorporando as posibilidades de efectos sonoros de teclados e sintetizadores para acadar un son actual.

Tanto os seus directos (ambos discos foron presentados nos Conciertos de Radio 3), como as suas gravacións recibiron importantes eloxios por parte da crítica. Premios como os 4 galardóns obtidos nos Premios Inframundo en 2008 (entre eles, mellor banda e mellor LP), ser finalistas no Concurso Pop Rock Deputación da Coruña ou a victoria no Festival Noroeste Pop Rock 2011 da Coruña, reforzan a convición de que Combo Dinamo ofrecen grandes cancións e unha intensidade en directo que paga a pena desfrutar.