18 Febreiro 2014, 18:30

http://istoenormal.org/images/406.jpg

Teatro NORMAL + Ensaio In_provisado

A nosa compañía e un grupo de actores actúan en NORMAL no marco da segunda edición do Festival de curtas Por amor á Arte, que se desenvolve na cidade ao longo dunha semana.

Este programa dobre comeza ás 19:30 horas cun ensaio aberto de Teatro NORMAL, nun anticipo da montaxe que están a preparar este ano: Nocturnos, de Paco Zarzoso. A mellor descrición desta obra é a primeira acoutación que ten o texto: “Panorámica nocturna das aforas dunha cidade á beira do mar. Algúns habitantes saíron esa noite sen o paraugas que os protexe da choiva de meteoros e estrelas”. Nese momento, irrumpe unha galería de personaxes, en xeral solitarios ou abandonados, que se encontran a si mesmos, se miran en espellos ou se cruzan co seu positivo/negativo.

Elenco: Laura Blanco Mata, Nuria Calvo Babío, Marta Edreira, Sara Fernández Baldomir, Diego Franqueira, Marián Fuentes, Marcelino Fuentes, Tania Galán Paseiro
Bea Martínez Figueroa, Oana Dariana Lazarescu, Amelia Pereira da Silva, Patricia Sánchez-Tembleque.
Axudante de dirección: Laura Mariño Sánchez
Escenografía e atrezzo: Iván Casal Nieto
Iluminación: Afonso Castro
Tradución e dirección: Rubén Ruibal
B.S.O.: Aula de Teatro NORMAL 2013-14

Será ás 20:30 horas cando un grupo de actores realizará un ensaio aberto de teatro de improvisación. Consistirá básicamente en xogos para traballar os motores básicos. Sen guión nin dirección, o teatro de improvisación exixe ao actor un agudizado sentido da escoita cara os seus compañeiros que permita o desenvolvemento dunha escena. A duración do ensaio será de aproximadamente unha hora.

A entrada é libre até completar a capacidade da sala.

Baixo o título de Festival de curtas por amor á Arte, naceu hai xa un ano esta semana cultural na cidade herculina, con acceso libre tanto para os participantes coma para o público en xeral. O obxectivo fundamental do festival é expor novos talentos, servindo como un escaparate das obras de arte que actualmente se están a realizar.

Esta segunda edición do festival celebrarase entre o 14 e o 22 de febreiro de 2014.