12 Xullo 2012, 20:00

  • Almacén de NORMAL
  • Entrada libre e de balde
http://istoenormal.org/images/242.jpg

Concerto de MCOM by Colectivo Oruga

A electrónica vangardista de MCOM, o formato reducido de Colectivo Oruga, pecha as sesións musicais de Poñer cousas en orde.

O Colectivo Oruga é un dos máis importantes representantes da electrónica de vangarda a escala nacional cunha mestura de electro pop, inditrónica, electro rock, electro e visuais.

Debutan en 2010 con Too many knobs e xa formaron parte de festivais como Primavera Sound, Sónar Galicia, Vigotransforma, Pulpopop, Sonora, Secuenciacero ou Culturgal.

MCOM é un formato reducido de Colectivo Oruga, un deserto de cables, sintes, samplers e caixas de ritmos. MCOM achégase coa súa proposta á escena raveira rusa, onde o vandalismo electrónico e o hedonismo conviven en harmonía co postpsychodance.