28 Xuño 2012, 20:00

  • Entrada libre e de balde
http://istoenormal.org/images/237.jpg

Concerto de República Disco Apocalipso

Poñer cousas en orde recibe a República Disco Apocalipso, un proxecto que reúne son, baile, historia, imaxe e, sobre todo, moita actitude!

República Disco Apocalipso é un proxecto que nace como idea un 14 de abril de 2011, coincidindo co aniversario da IIª República.

R.D.A é o “son” da electrónica, a música disco e a música independente.

R.D.A é o “baile” e os bailes que acompañan os distintos estilos como o electro, o disco, o dance-hall e, ante todo, o ánimo por pasalo ben.

R.D.A é a “historia” da música de baile e as súas vertentes, das imaxes e das películas futuristas e apocalípticas e de todas aquelas que xorden en cada directo das proxeccións visuais.

R.D.A é a “actitude” de recuperar, gozar e mostrar o que nos gusta e encanta: a boa música mesturada con ánimo e divertimento.