5 Xullo 2012, 20:00

  • Entrada libre e de balde
http://istoenormal.org/images/239.jpg

Concerto de SANTA RITA e EL MONSTRUO

As propostas de Santa Rita e El Monstruo pasarán polo espazo musical de Poñer cousas en orde nunha sesión máxica.

Santa Rita nace un frío e ventoso día de febreiro de 2008 nunha sala de Poblenou en constante perigo de extinción, coa única pretensión de facer algo tan honesto como intuitivo. Pisaron os escenarios por primeira vez en xullo de 2009. En xullo de 2010 gravan o seu primeiro traballo no local dos cataláns (lo:muêso) de forma totalmente independente, contando coa inestimable axuda de Sergio Picón, encargado de recoller o son e dar forma ao seu primeiro EP. Con novo material baixo o brazo, Santa Rita preséntase ante unha nova e intensa etapa da que desfrutaremos en NORMAL.

El Monstruo é o nome da formación composta por Dani Bembibre (ex-Ramalama, Electricats e Mistakens) na voz e guitarra e Pablo Silva (Combo Dinamo) na batería. Nacida en 2010, é o resultado dunha condición: producir un son sinxelo cos mínimos elementos posibles para dar como resultado unhas composicións inmediatas e directas.