18 Abril 2017, 20:30

http://istoenormal.org/images/610.jpg

Concerto-presentación Zunzún. Obradoiro de música drone

Da man de Miguel Alonso Cambrón, profesor do obradoiro de investigación e experimentación en música drone, Normal ofrece un concerto que busca, ao mesmo tempo, presentar o interesante traballo desenvolvido no tempo en que este obradoiro leva ofertándose en Normal

No concerto achegarémonos ao drone como forma de expresión musical. Unha práctica que é tan antiga como a mesma humanidade.

Atopamos exemplos de drone aplicado á experiencia musical en diversas tradicións culturais ao longo da xeografía planetaria: dende o roncón das gaitas en calquera das súas manifestacións identitarias, ata o son penetrante e oco do didjeridoo dos aborixes australianos, pasando pola tambura hindú, os cánticos difónicos propios de Mongolia e Asia Central ou mesmo no serialismo de vangarda de mediados do século XX. Pero tamén na vida urbana contemporánea que, desde finais do século XVIII e da man da chamada Revolución Industrial, incorporou nas súas contornas sonoras a presenza das automatizacións maquinais.