11 Abril 2011, 20:00

http://istoenormal.org/images/52.jpg

Conferencia "O universo creativo de David Lynch"

Visita guiada pola exposición Action Reaction

Conferencia e visita guiada sobre a exposición Action Reaction. O universo creativo de David Lynch, que efectuará Antonella Montinaro, comisaria da exposición e licenciada en Comunicación pola Università degli Studi di Roma Tre. Nela abordaránse as diferentes facetas creativas do artista norteamericano, as súas influencias pictóricas, o seu modus operandi cinematográfico, e as estreitas relacións que manteñen os seus traballos nos diferentes formatos ou disciplinas, idea base da exposición que presentamos, que configura un artista interdisciplinar e coherente como poucos na actualidade.

lugar Cubo NORMAL
entrada libre e de balde