27 Novembro 2018, 19:30

http://istoenormal.org/images/670.jpg

Conversas coa dirección. Esquece Monelos. Con Ángeles Huerta e Marta Eiriz

Na Coruña había un río que se chamaba Monelos, un río que hoxe está practicamente esquecido. Do seu paso queda unha escultura nunha rotonda, unha rúa que leva o seu nome, dúas pontes (unha visible baixo a Avenida de Oza e outra sepultada pero intacta baixo a rotonda de Novos Ministerios) e algunhas fotos vellas.

Ángeles Huerta é natural de Xixón, aínda que leva 14 anos radicada en Galicia. É doutora en Literatura Comparada e realizou estudios de dirección cinematográfica na Met Film School de Londres.

A súa última curtametraxe, The Fetch, seleccionada na “Short Film Corner” do Festival de Cannes, levou galardóns como o de mellor guión no Festival de Cans, así como unha grande acollida en diversos festivais internacionais.
Esquece Monelos é a súa primeira longametraxe.

Ficha técnica:

Natureza: documental
Duración: 1h 16min
País de produción: España
Lingua da versión: galego
Ano: 2017

Premios:

- Mestre Mateo 2017:Mellor documental, Mellor dirección de fotografía e montaxe
- XIV Festival Internacional de Documentales de Madrid, DocumentaMadrid, mención especial do xurado
- XII Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. MICE. Mellor filme galego
- XXXIX Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. Mellor película galega
- Finalista nos premios Feroz 2018
- Special Mention of the jury Noida International Film Festival 2018 – India
Festivais:

XIII Festival Internacional de documentais de Tui – Play Doc.
XIV Festival Internacional de Documentales de Madrid- DocumentaMadrid
XII Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. MICE
IV Festival Internacional de Cine Documental de Buenos Aires- FIDBA
XXXIX Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. Mellor Película Galega
XLIX Festival de cine Documental Alcances- Cádiz

Datas: 27 de novembro de 2018.
Horario: 19:30 horas.
Lugar: CUBO de NORMAL.