23 Xaneiro 2019, 19:30

http://istoenormal.org/images/682.png

Conversas coa dirección: Marina Chiavegatto

A Área de Cultura da Universidade da Coruña continúa en xaneiro co ciclo de cine Conversas coa dirección, un proxecto de cita mensual que achega ao público a obra fílmica dos/as distintos/as realizadores/as de cine e documentais convidados/as, e a posibilidade de conversar con eles/as no coloquio posterior á proxección dos seus traballos.

Nesta sesión contaremos co documental Tecido Resistente e a súa directora Marina Chiavegatto.

Sinopse:
Tecido Resistente achega a historia dos centos de mulleres que cambiaron a economía e a organización social de toda unha comarca nos primeiros anos do século XX en Galicia. Traballaban na fábrica Hilados y Tejidos de Vilasantar e cos cartos que gañaban encargábanse de manter a economía familiar. Axiña descubriron que o salario que recibían era algo máis que só un feixe de billetes: era a súa independencia, o apoderamento feminino antes incluso de que ese concepto chegase a Galicia.

Sobre a directora:
MARINA CHIAVEGATTO é brasileira de nacemento, portuguesa de crianza e galega de adopción. Marina é xornalista e traballou en varios medios de comunicación nacionais e internacionais. Desde hai oito anos dedícase ao audiovisual e á comunicación dixital. Traballou en Bambú Producciones e en V Televisión e actualmente é xestora de contidos dixitais para distintas marcas. Foi codirectora do documental “ante aquel silencio mudo: Rosalía y Cantares Gallegos” e ten varias curtametraxes premiadas.

Ficha técnica Tecido Resistente

Dirección: Marina Chiavegatto

Edición: Marina Chiavegatto e Millán Castro

Fotografía: J. S. Raimundi

Posprodución de imaxe: Millán Castro

Posprodución de son: Alberto Blanco

Duración: 40:26

Tecido resistente