19 Decembro 2018, 19:30

http://istoenormal.org/images/674.jpg

Conversas coa dirección. Santoalla. Con Cristina de la Torre

Margo e Martin Verfordern deixaron Ámsterdam para buscar un paraíso onde vivir na natureza e construír o seu futuro. Tras viaxar durante anos por Europa, chegan a Santoalla, unha aldea illada en Petín de Valdeorras e onde vive soa a familia dos Rodríguez. A parella de holandeses deciden que alí estaría o seu fogar.

A convivencia cos veciños, que comezara ben, logo tornou conflitiva co monte comunal no epicentro das súas diferencias. No 2010 Martin desaparece, e durante anos Margo mantén viva a busca convencida de que o seu home non marchara por vontade propia e que os seus veciños son responsables do destino de Martin. Un achado casual traerá as respostas que buscaba.

Cristina de la Torre (1977, A Rúa, Ourense).

Licenciada en Historia, con Máster en Medios de Comunicación, ten traballado en prensa escrita, radio e televisión como xornalista. Dende hai uns anos adícase á consultoría de comunicación e á produción audiovisual.

No 2007 dirixiu o seu primeiro documental: Apartado 12, e no 2016 estreou Santoalla, documental do que é produtora. Realiza contidos corporativos e proxectos audiovisuais con centros educativos como A lus do Mundo.

No 2014 comisariou a exposición Unha ínsua para Díaz Castro, na Deputación de Lugo. Desde o 2017 realiza proxectos de dinamización cultural como: Pantasmas de Oza.

Santoalla. Ficha técnica

Natureza: documental
Duración: 80’
País de produción: EE.UU.
Lingua da versión: inglés e galego con subtítulos en castelán
Ano: 2016
Dirección: Andrew Becker e Daniel Merher
Produción: Cristina de la Torre

Datas: 19 de decembro de 2018.
Horario: 19:30 horas.
Lugar: CUBO de NORMAL.