11 Xuño 2019, 19:30

http://istoenormal.org/images/731.png

Conversas coa dirección: Santos#2 Work in Progress. Con Antón Corbal.

Santos#2 Work in Progress é a primeira longametraxe deste director galego que tamén está traballando noutro proxecto: Seeking Utopia, unha co-produción entre Zabriskyfilm e SteFilm en Italia e que gañou o Premio ao Mellor Proxecto no XVIII Festival Internacional de Cine de Medio Ambiente de Turín 2015.

Coa súa opera prima, e logo de gañar o premio FIPRESCI en Cannes, Oliver Laxe vivirá un tempo nas montañas de Marrocos. Logo de cinco anos afondando no seu coñecemento do sufismo, retorna a Vilela, a aldea abandonada dos seus avós, para renovar a casa da familia e capturar a contorna, nunha película de 16 mm, creando Santos #2 Work in Progress, un documental etnográfico que viaxa a través do mundo creativo dun cineasta durante o proceso de filmación e edición dunha película inacabada.

Antón Corbal é graduado en bioloxía pola Universidade da Coruña, estudos que completou cun Mestrado en Comportamento, Cognición e Neurobioloxía pola Universidade de Viena. En 2011 móvese a Barcelona onde estuda o Mestrado Internacional en Dirección de Documentais na Escola de Cine de Barcelona.

Ficha técnica

Santos#2 Work in Progress / 2018 / Director/Productor: Antón Corbal
Duración: 75´ / Tema: Retrato / Formato: 2K, HD, 16mm
Idiomas: Galego, español, francés, bereber

Datas: luns 10 de xuño de 2019.
Horario: de 19.00 a 20.30 horas
Lugar: Centro Cultural Universitario, Ferrol
Datas: martes 11 de xuño de 2019.
Horario: de 19.30 a 20.45 horas
Lugar: Cubo de NORMAL