13 Novembro 2012, 19:00

http://istoenormal.org/images/290.jpg

Convocatoria da Aula de Teatro e Danza

A Aula de Teatro e Danza convoca unha reunión con todos os interesados en participar en actividades escénicas (teatro, danza, música, artes do movemento, circo, recitais, teatro radiofónico, etc.) no ámbito da UDC.

O vindeiro martes 13 de novembro ás 19:00 horas celebraremos unha reunión todos os interesados en participar en actividades escénicas (teatro, danza, música, artes do movemento, circo, recitais, teatro radiofónico, etc.) no ámbito da UDC. A intención da Aula de Teatro e Danza (Teatro e Danza NORMAL) é fomentar a práctica da actividade escénica DE TODO TIPO no ámbito da UDC, tentando que siga adiante o grupo non institucional xa formado (Corifeo Teatro, dirixido por María Fernández Verdía) e estimulando a creación de novas compañías. Sería de gran axuda que, no caso de ter algún proxecto ou idea que poda encaixar no noso ámbito, veñades compartila co resto dos interesados nesta reunión, que se celebrará na Aula 2.7 de Normal (2º andar).

A oferta da Aula de Teatro consiste, ademais do apoio para a formación de novos grupos, na cesión, dentro das súas posibilidades, dos espazos e dos materiais dos que dispón (vestiario, escenografías, atrezzo, material técnico). Tamén prestaremos asesoramento a tódolos interesados por medio de colaboradores da Aula de Teatro e Danza que apoiarían en tarefas de busca ou creación de textos, dirección, escenografía, vestiario, atrezzo e todo o necesario para a posta en escena.

Por último, a Aula de Teatro e Danza ofrecería a posibilidade de estrear ou representar a peza resultante do proceso de traballo no vindeiro FITEUC, que nos vindeiros meses de marzo e abril chegará á súa 20ª edición, e de participar noutros festivais de teatro universitario.