14 Marzo 2017, 20:30

http://istoenormal.org/images/598.jpg

Cousas que trouxo a chuvia

FORUM METROPOLITANO. ENTRADA DE BALDE
AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Había unha vez, hai moitos anos, unha meniña que xogaba coa terra na eira da casa facendo pasteis. No verán corría por campos infinitos de lavanda e polo inverno maquillaba as meixelas coa fariña.

Había tamén unha casa na estepa, campos de centeo e trigo e camiños pisados por carros.

Había un papá que voaba por riba do horizonte, unha nai que amasaba, a profesora de ballet (que sempre andaba seria) e unha fábrica onde se traballaba ata que se poñía o sol.

Despois a meniña medrou. E un día, por sorpresa, gastáronlle o corazón.

E todo o que aquí se canta ocorreu, de xeito inesperado, nunha abafante tarde de verán en que o ceo rompeu a chover.

Reparto

Julia Ammerman (piano)
Lara Pouso
Carmen Tomás
Alba López

Ficha artística

Espazo escénico, figurinos e iluminación: Roberto Salgueiro
Asistencia técnica: RTA
Programa e cartel: Gerardo Fuentes
Debuxos: RRB
Asistencia de dirección: Miguel Gendre
Textos e dirección: Roberto Salgueiro

A duración do espectáculo é de 54 minutos