21 Novembro 2011, 23:59

Curso semipresencial "FLAMENCO EN RED"

A Universidade da Coruña está, dende este ano, adherida á terceira edición de “Flamenco en Red”, un curso de 50 horas de carácter semipresencial organizado polas universidades andaluzas, que consiste nun paquete formativo en liña, e que só require da presenza física do alumno en cinco proxeccións que terán lugar en NORMAL. O seu obxectivo é afondar no coñecemento e difusión do flamenco. Podedes matricularvos gratuitamente até o día 25 de novembro.

O curso terá lugar entre os meses de decembro de 2011 e maio de 2012, e requirirá a asistencia do alumno ás cinco proxeccións en DVD que terán lugar en NORMAL un venres de cada mes, a partir das 20 h. Os devanditos espectáculos terán como marco prestixiosos espazos andaluces e estarán protagonizados por importantes figuras do xénero.

Podedes consultar toda a información necesaria e apuntarvos neste curso chamando ao teléfono 981 167 000 ext. 4502 ou inscribíndovos directamente premendo aquí