26 Xaneiro 2016, 10:48

http://istoenormal.org/images/562.png

Cursos e obradoiros creativos do segundo cuadrimestre

NORMAL abre o prazo de inscrición no segundo cuadrimestre dos seus obradoiros estables, que inclúen cursos de Arte, Fotografía, Teatro e Danza Contemporánea.

As actividades comezarán a mediados de febreiro e estenderanse durante todo o segundo cuadrimestre até o remate do curso lectivo. Todas as persoas interesadas poderán efectuar a matrícula en liña entre o 28 de xaneiro e o 11 de febreiro.

Obradoiros

Aprender a mirar: iniciación á Fotografía

Aprender a fotografar: perfeccionamento en Fotografía

O ollo da Arte. Laboratorio

Cursos de Teatro e Danza

Interpretación teatral

Iniciación á Danza Contemporánea