4 Outubro 2016, 18:00

http://istoenormal.org/images/425.jpg

Danza 1

Curso de iniciación á danza contemporánea impartido por Rut Balbís onde desenvolver os principios básicos da disciplina.

O obxectivo é dar a coñecer esta rama artística desde a vivencia do propio movemento e conciencia corporal. Ademais, descubriremos as diferentes técnicas da danza contemporánea e coñeceremos outras formas de composicións coreográficas a partir de improvisacións e xogos escénicos. Dirixido a todas aquelas persoas con curiosidade cara esta linguaxe corporal, para participar neste curso non é necesario ter experiencia previa.

Imparte o curso Rut Balbís, intérprete de danza, coreógrafa e bailarina da compañía Pisando Ovos, ademais de coordinadora da Aula de Danza NORMAL UDC.

Datas: todos os martes e xoves entre o 4 de outubro e o 20 de decembro de 2016.
Horario: de 18:00 a 19:30 horas (30 horas en total).
Lugar: Aula de Danza.
Prezos: 40€ estudantes / 60€ PAS e PDI / 80€ público xeral / 45€ persoas desempregadas ou con minusvalía
Participantes: máximo 25 persoas.

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende do 19 ao 30 de setembro de 2016. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña.
As incidencias da matrícula en liña nos obradoiros, serán atendidas no correo info@istoenormal.org ou no teléfono 881 014 502 en quenda de mañá.

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 881 014 502 Mail: info@istoenormal.org