4 Outubro 2016, 20:00

http://istoenormal.org/images/424.jpg

Danza 2

Curso avanzado en danza contemporánea.

Durante as aulas afondarase nas diferentes técnicas corporais e de composición coreográfica da danza contemporánea, co obxectivo de afianzar o coñecemento persoal do propio corpo e movemento. Curso dirixido a persoas con experiencia previa en danza.

Imparte o curso Rut Balbís, intérprete de danza, coreógrafa e bailarina da compañía Pisando Ovos, ademais de coordinadora da Aula de Danza NORMAL UDC.

Datas: todos os martes e xoves entre o 4 de outubro e maio de 2017.
Horario: de 20:00 a 21:30 horas (30 horas en total).
Lugar: Aula de Danza.
Prezos: 60 € estudantes / 80 € PAS e PDI / 100 € público xeral / 65€ persoas desempregadas ou con minusvalía
Participantes: máximo 25 persoas.

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende do 19 ao 30 de setembro de 2016. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña.
As incidencias da matrícula en liña nos obradoiros, serán atendidas no correo info@istoenormal.org ou no teléfono 881 014 502 en quenda de mañá.

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 881 014 502 Mail: info@istoenormal.org