8 Maio 2012, 10:21

http://istoenormal.org/images/195.jpg

Danza NORMAL presenta 'Unha cidade por ser' no FITEUC 2012

O Fórum Metropolitano da Coruña acolle a presentación de Unha cidade por ser, a nova produción de Danza NORMAL (UDC), dentro do FITEUC 2012.

Será nunha función conxunta onde D-ou-tras (Danza Universitaria Ourense), a Compañía de Danza da USC-Campus de Lugo e a Escola de Danza Contemporánea de Narón presentarán tamén os ses novos traballos.

Unha cidade por ser é a peza escénica creada por Danza NORMAL neste curso. Está inspirada en As cidades invisibles de Ítalo Calvino, como gran metáfora da creación e interpretación humana cos seus sistemas arquitectónicos, sociais e ideolóxicos entrecruzadados, o que os homes fan de si mesmos, a sua manifestación…

Cidades invisibles, irreais, fantásticas, imaxinarias, atemporais que contrastan coa nosa cidade visible, real, rutinaria, caótica e consumista pero tamén un lugar tecnolóxico, de pensamento e intercambio cultural.

INTÉRPRETES: ESTEFANÍA ABELENDA, ANTÓN BOTANA, LORENA CARBALLIDO, MARTA CUBA, CRISTINA DE LA TORRE, FRANZI ENDE, EVA FÓRNEAS, MATHILDE LEŸS, LÉA MAUGUIN, UXÍA MUIÑOS, LORENA SUÁREZ, LAURA RÍOS, LILIANA TONES

DIRECCIÓN: RUT BALBÍS