10 Novembro 2014, 19:00

http://istoenormal.org/images/475.jpg
Minotauromaquia, Pablo no labirinto

DdC/ 1ª proxección de CURTAS

Coa proxección das curtas gañadoras nas edicións de 2004 e 2005 no Festival de Cans, ábrese a sección CURTAS de DUCIA DE CANS.

2004

A PETICIÓN DE MAN
2003 / 17minutos
Dirección: Ben Temple
Guión: Toñito de Poi e Anxos Sumai, sobre unha historia de Antón Chejov
Actores: Antonio Durán “Morris”, Mercedes Castro, Ernesto Ferro
Vai de: Que pasa cando un director de Nova York decide facer unha curta cun conto de Chejov e ubicala nunha aldea galega? Unha grata mestura que descubrirás neste traballo.

A BOA CALIGRAFÍA
2004 / 20 minutos
Dirección e guión: Álex Sampayo
Fotografía: Juan Hernández
Produción: Carlos Taboada
Actores: Rosa Álvarez, Xosé M. Olveira “Pico”, Blanca Cendán, Antonio Durán “Morris”.
Vai de: curta premiada cun premio Mestre Mateo. Na Galicia dos anos 50, Rosa atopa unha carta de amor na chaqueta do seu home, pero non pode descifrala: non sabe ler. Magnífica interpretación de Rosa Álvarez.

2005

MINOTAUROMAQUIA, PABLO NO LABIRINTO
2004 / 11 minutos
Dirección e guión: Juan Pablo Etcheverry
Produción: Ignacio Benedetti
Produción Executiva: Xosé Zapata
Música: Igor Stravinsky (adaptada por Xurxo Varela e Pablo Pérez)
Vai de: Etcheverry vólvenos a sorprender coa maxia da plastilina. Desta volta propón unha viaxe arredor do universo de Pablo Picasso. O artista está perdido nun labirinto onde se van cruzando con el tódolos seus personaxes como enanos, amantes cubistas e un minotauro que o acosa. Todo envolto na inquietante música de Stravinsky. Nominada aos Goya como mellor curta de animación.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.