27 Xaneiro 2015, 19:00

http://istoenormal.org/images/476.jpg

DdC/ 2ª Proxección de 'Ciudadano Cans'

Anxo Cendal e Iván González retrataron os comezos do Festival de Cans nesta reportaxe que clausura a sección de proxeccións PARALELO CANS.

Maio de 2004. En Madrid caen chuzos de punta o día da voda real; en Cans quenta o sol. Uns aproveitan para labrar, outros converten alpendres en salas de cine. Un documental que divirte e emociona.

Dirección e guión: Anxo Cendal e Iván González.
Coordinación: Nuria Villazán.
Son directo: Dani Veiga.
Producido por: EGACI.
Ano: 2005.
Duración: 70 min.
Calificación: APTA para todos os públicos.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.