24 Novembro 2014, 19:00

http://istoenormal.org/images/484.jpg
'Promesa', de Fernando Cortizo

DdC/ 2ª proxección de CURTAS

Durante a segunda sesión de CURTAS, proxectaranse as obras premiadas nas edicións de 2006 e 2007 do Festival de Cans.

2006

NAIS
2005 / 22 minutos
Guión, dirección e montaxe: Mario Iglesias.
Actores: Isabel Rey, Pilar Pereira, Sebas Anxo, Paula Cortizo.
Produción executiva: Daniel Froiz, Isaac Carrera.
Producido por: Matriuska.
Vai de: unha nai encárgalle a outra nai e artista o retrato do seu fillo. So hai un problema: o seu fillo xa morreu e non ten ningún retrato del. Unha das curtas galegas máis premiadas no último ano.

OS DOUS LADOS DA VALLA
2006 / 9 minutos
Director: Diego Méndez.
Animación personaxes: Andres Luca, Marcos Villasariz, Diego Méndez.
Producida por: Alén Films.
Vai de: unha curta contundente sobre o drama da inmigración na valla de Melila. Personaxes modelados, estética de cámara oculta e declaracións reais. Nace un novo xénero a explorar: o documental de plastilina.

2007

SEN CHUMBO
2006 / 19 minutos
Dirección: Jorge Saavedra.
Actores: Xulio Abonjo, Isabel Naveira, Vicente de Souza, Cristina Castaño, Ricardo de Barreiro, Irene Álvarez.
Guión: J. Saavedra, Xulio L. Noche, Elixio Montero e Carlos Portela.
Produción: Miguel García, J. Saavedra, Xulio L. Noche.
Música: Manuel Riveiro.
Dirección artística: Seara.
Vai de: un yonqui atraca unha gasolineira, e dentro hai unha parella repelente, unha nena empalagosa e un dependiente habituado aos atracos. Se ti tamén estiveses aí dentro… como reaccionarías?
Xénero: Comedia negra

PROMESA
2007 / 7 minutos
Dirección e guión: Fernando Cortizo.
Produción: Alberto García.
Producido por: Artefacto e Concello de Boiro.
Vai de: un astronauta decide cumprir a promesa de visitar ó seu fillo que está na terra. O astronauta decide facer unha “trampa”, pero na terra aínda lle agardará unha última sorpresa.
Xénero: Ciencia-ficción en plastilina.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.