1 Decembro 2014, 19:00

DdC/ 3ª proxección de CURTAS
cinema curtas proxecciónNova sesión de CURTAS no CUBO protagonizada por Sálvame e 1977, as pezas gañadoras na edición de 2008 do Festival de Cans.
SÁLVAME
2007 / 20 minutos
Guión e dirección: Javier Veiga.
Actores: Marian Álvarez e Javier Veiga.
Producido por: Madrugada Films e Animal Films.
Xénero: comedia.
Vai de: un escritor de segunda recibe na súa casa a visita dunha descoñecida. Non busca un autógrafo, vén para que a salven. Pero, quen vai salvar a quen?
1977
2007 / 8 minutos
Guión e dirección: Peque Varela.
Animación: Kaori Hamilton e R. Vetusto.
Xénero: biopic experimental.
Vai de: unha pequena cidade, un nó que medra e unha nena que busca a súa identidade. A directora mergúllase nos seus recordos de infancia no bario de Caranza, en Ferrol.
A entrada é libre até completar o aforo da sala.