15 Decembro 2014, 19:00

http://istoenormal.org/images/504.jpg
'O pintor de ceos', de Jorge Morais

DdC/ 4ª proxección de CURTAS

Durante a cuarta sesión de CURTAS, proxectaranse as obras premiadas nas edicións de 2009 e 2010 do Festival de Cans.

2009

X NADA
2009 / 14 minutos
Dirección: Dani de la Torre e Toni Veiga.
Guión: Toni Veiga, Manolo Dios.
Producida por: Ficción Produccións.
Actores: Carlos Fernández, Miguel García, Xavier Estevez, María Salgueiro.
Vai de: ser un malote de barrio, ter unha pandilla e facer gamberradas pode ter a súa gracia. Pero a veces as gamberradas pásanse de voltas. Móbiles, violencia xuvenil e youtube: unha combinación á orde do día.

O PINTOR DE CEOS
2008 / 24 minutos
Director e produtor: Jorge Morais Valle.
Guión: Silvia Pazos e Jorge Morais Valle.
Vai de: uns acantilados perdidos, unha mansión inhóspita e un pintor maníaco que, co seu fiel axudante, non para de buscar un remedio que poña fin ás implacables tempestades. Aínda por enriba, a casa está chea de pantasmas que retornan do pasado. Pero, veñen axudar ou a sementar máis desconcerto?

2010

RODILLA
2009 / 17minutos
Dirección: Juanjo Giménez.
Guión: Pere Altimira e Juanjo Giménez.
Produtores: Xosé Zapata, Ignacio Benedeti e Juanjo Giménez.
Fotografía: Pere Pueyo.
Producida por: IB Cinema.
Reparto: Jacob Torres, Fernando Rodilla, Josep Julien, Vicente Gil e Daniela Feixas Conte.
Vai de: máis de 35 anos despois, segue a haber un oco baleiro no álbum de cromos da temporada 73-74. É hora xa de axustar contas coa infancia.

A NENA QUE TIÑA UNHA SOA ORELLA
2009 / 5 minutos
Dirección: Álvaro León.
Produción: Rubén Coca.
Baseado no relato de Lucía Etxebarría: La fantástica niña pequeña y la cigüeña pedigüeña.
Vai de: todos os nenos teñen dous ollos, un nariz, unha boca, dúas orellas e dez dedos. Ou non? Allegra vai descubrir que hai nenos de todo tipo.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.