12 Xaneiro 2015, 19:00

http://istoenormal.org/images/510.jpg
'Birdboy', de Pedro Rivero e Alberto Vázquez

DdC/ 5ª proxección de CURTAS

Nova sesión de CURTAS no CUBO protagonizada por Estereoscopía e Birdboy, as pezas gañadoras no ano 2011 no Festival de Cans.

ESTEREOSCOPÍA
Dirección e guión: Xacio Baño.
Fotografía: Lucía C. Pan.
Produción: María Zaragoza e Xacio Baño.
Montaxe: Julia Casal e Xacio Baño.
Arte: María Lolo.
Música: Xesús Valle e Xacio Baño.
Vestiario: María Zaragoza.
Reparto: Vicente de Souza, Alfonso Ramírez, Paula García, Oliver de Beauvoir, Marta Ferral, Frank Euner e Mariano Aláez.
Vai de: Emilio vive só, refuxiado no anonimato dunha gran urbe. Un día, ao ir traballar, atropélano e perde a visión do ollo esquerdo. Os médicos transplántanlle o ollo doutra persoa e comeza a ver a vida do doador. Estereoscopía é unha mestura entre ficción e realidade: a nosa vida, a nosa realidade entra na ficción para facela funcionar, para que o personaxe interactúe con ela.
Xénero: fábula existencialista.
Duración: 12 minutos.

BIRDBOY
Dirección: Pedro Rivero e Alberto Vázquez.
Guión: Alberto Vázquez e Pedro Rivero.
Produción: Abrakam Estudio, Postoma Studio, Cinemar Films e Uniko.
Produción executiva: Pedro Rivero e Guillermo Represa.
Dirección artística: Alberto Vázquez.
Música: Suso Sáiz.
Baseada na novela gráfica Psiconautas, do coruñés Alberto Vázquez.
Vai de: a pequena Dinki comeza un novo día camiño da escola xunto ao seu moi querido pai, pero un terrible accidente industrial cambia a súa vida para sempre. Despois da catástrofe, non hai cor, nin vida, nin amor e Dinki esconde a súa frustración detrás dunha carauta de mirada baleira. Birdboy observa ese mundo alienante e gris dende unha póla. É un mozo introvertido e desarraigado, que se oculta no bosque abandonado ás súas fantasías. A falta de expectativas laborais, o rexeitamento social e a adición ás drogas é o escenario polo que se moven os protagonistas deste conto cruel na que, sen embargo, non falta a tenrura, a amizade, o amor e a esperanza por achar, noutro lugar, un mellor porvir.
Xénero: poema social.
Duración: 15 minutos.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.