19 Xaneiro 2015, 19:00

http://istoenormal.org/images/514.jpg
'Calquera infinito posible', de Roi Fernández Alonso

DdC/ 6ª proxección de CURTAS

Durante a sexta sesión de CURTAS, proxectaranse as obras premiadas nas edicións de 2012 e 2013 do Festival de Cans.

2012

MR BEAR
Dirección: Andrés Rosende.
Guión: Andrés Rosende e Marin DeSoto.
Montaxe: Jeff Miller.
Produción: Senin Porto George T. Kimmel IV.
Fotografía: Inyoung Choi.
Música: Manuel Riveiro.
Elenco: Dan Daily, Geraldine Librandi, James Holloway e Glenn Fleary.
Vai de: unha parella viaxa no seu coche para pasar a noiteboa en familia. O coche detense de forma inesperada e teñen que pedir axuda nun taller ás aforas, pero alí en realidade esperaban a Mr Bear.
Xénero: Humor negro.
Ano: 2011.
Duración: 14 minutos.

O XIGANTE
Dirección: Luis Matta e Julio Vanzeler.
Guión: Nelia Cruz.
Montaxe: Pedro Lino.
Produción: Lola B. Riudoms.
Producido por: Abano Films SL.
Fotografía: Lúa Testa.
Música: Nani García.
Vai de: O xigante é unha xanela que amosa a fantástica aventura de medrar. Simboliza o corazón de todos os pais, homes e mulleres que a través da súa mirada lle revelan o mundo aos seus fillos, axudándolles a construír o seu universo e a deixalos marchar cando chegue o momento.
Xénero: Aventura.
Ano: 2012.
Duración: 11 minutos.

2013

CALQUERA INFINITO POSIBLE
Dirección, guión, produción e música: Roi Fernández Alonso.
Montaxe: William Sprague.
Fotografía: Ivan Kotesvski.
Elenco: Celso Bugallo e Modesto Lacén.
Vai de: unha partida de xadrez pode dar para moito. Nese caso, aos dous lados do taboleiro están Aníbal, un vello mariñeiro galego desenganado de case todo, e Yotuel, un mozo disidente cubano cargado de ideais. Cada movemento irá desvelando unha historia común.
Xénero: político-social.
Ano: 2012.
Duración: 18 minutos.

SANGUE DE UNICORNIO
Dirección: Alberto Vázquez.
Guión: Alberto Vázquez e Pedro Rivero.
Montaxe: Iván Miñambres.
Produción: AbrakamEstusido.
Animación: Giovanna Lopalco e Alberto Vázquez.
Música: Victor García.
Vai de: dous malévolos osiños saen a cazar unicornios, a súa presa predilecta. Estes animais mitolóxicos teñen carne suave e un sangue de sabor a arandos que os osos adoran e precisan para manterse fermosos.
Xénero: fantástico.
Ano: 2013.
Duración: 4’30 minutos.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.